Saturday 04 de May de 2024

O Colexio CPI Fonte Díaz de Touro organiza a exposición ‘Luz e compromiso’ sobre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo e convida a visitala


O próximo martes, día 30 de maio, está programada ás 11.45 horas unha visita guiada polo profesor do centro Daniel Asorey

O Colexio CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro organizou a exposición Luz e compromiso sobre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo. A mostra estará aberta do 22 de maio e ata o 9 de xuño en horario de 10.00 a 16.00 horas. O próximo martes, día 30 de maio, ás 11.45 horas está programada unha visita guiada polo profesor do centro Daniel Asorey. O director do CPI Fonte Díaz, Daniel Pereiro, explica que o centro educativo elixe cada ano a inicio de curso unha persoa, unha idea ou un feito sobre o que traballar. “E así facemos que sexa un fío conductor para deseñar ao seu arredor unha serie de actividades educativas como visitas, traballos ou exposicións”, destaca o director. E este ano, a proposta do equipo directivo, o elexido foi Isaac Díaz Pardo. Según Daniel Pereiro, o intelectual galego ten una traxectoria tan ampla e diversa que a súa vida e obra serven para abordar materias como lingua, cultura, matemáticas, tecnoloxía, economía, historia…. Os traballos feitos ao longo do ano polos alum os culmínanse coa exposición Luz e compromiso. Son 40 paneis aportados polo IES nº 1 de Ordes e enriquecidos con aportacións do alumnos e profesores do CPI Fonte Díaz de Touro, fundamentalmente fondos bibliográficos. En todo o centro educativo pódese apreciar a posta en valor da obra de Isaac Díaz Pardo con traballos feitos polos alumnos. “Fixeron marcapáxinas, taciñas solidarias, disfraces de entroido ou motivos inspirados na obra de Díaz Pardo que adornan todo o colexio”, destaca Daniel Pereiro. Está prevista a edición dun libro que recolla todos estes traballos e que sirva para manter vivo o legado de Isaac Díaz Pardo. Daniel Pereiro aproveita para convidar a toda a comunidade educativa, a veciños e veciñas e a forasteiros a visitar a exposición sobre a vida e obra “desde persoeiro tan importante para a nosa cultura”.